miércoles, 14 de junio de 2017

BUSCA A NOTA DE CORTE DE TÍTULOS DE GRAO EN ESPAÑA


ACCESO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 2017

Se estás interesado/a en estudar ensinazas profesionais de artes plásticas e deseño, terás que realizar unha proba específica se contas coa titulación exixida, e se non contas coa titulación, terás que realizar ademais unha proba de madureza.










viernes, 9 de junio de 2017

BECAS DE RESIDENCIA EN CRD

Se vives nunha zona onde non teñas moita oferta de estudos postobrigatorios non universitarios, podes solicitar unha beca de residencia e cursar estudos en Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 

domingo, 4 de junio de 2017

CHARLA COS DE 2º DE BACHARELATO


ALERTA VERMELLA....ABAU Á VISTA...

O alumnado que aprobe a ABAU agora, terá que solicitar a admisión do 19 de xuño ao 30 de xuño.
A solicitude terá que ser realizada preferentemente a través da aplicación Nerta.
Recordade que a adxudicación de prazas na Universidade faise utilizando a nota de admisión acadada.
Se apareces convocada/o para matricularte, xa sabes que poderás esperar en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia.


sábado, 3 de junio de 2017

DOSSIER PARA O ALUMNADO QUE REMATA BACHARELATO

Déixovos o dossier de información que entregamos ao alumnado que superou o bacharelato na convocatoria ordinaria 2017.  Por suposto que coa axuda da miña compañeira Mercedes do IES David Buján, xa que aprendín a facelo por ela e con ela. Grazas Mercedes.

QUE UNIVERSIDADE É MELLOR PARA CADA GRAO?

Neste artigo CINCO DÍAS do País poderás consultar un ranking sobre as universidades españolas, elaborado pola Fundación BBVA. Entra aquí

domingo, 14 de mayo de 2017

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2016-2017.
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016-2017 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos

domingo, 30 de abril de 2017

RESIDENCIAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Se precisas un lugar para vivir e estudar en Santiago, a vicerreitoría de Estudantes publicou 1.071 prazas (1500 o ano pasado mira que cucos como van recortando) para estudantes de grao, master, investigadores/as en formación, posgraos, alumnado de intercambio etc, a convocatoria publicouse no mes de abril e o proceso para solicitar praza abarca desde o 2 de maio ata o 30 de xuño.
Na convocatoria poderás consultar os criterios de admisión, nºde prazas dispoñibles para cada sector, documentación que terás que presentar e o lugar.

lunes, 17 de abril de 2017

CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA BACHARELATO

Déixovos o caderno de información para bacharelato, espero que non vos resulte un tostón. Este caderno realizouse coa axuda do material compartido pola orientadora Mónica Diz que é moi xenerosa co seu traballo e eu aproveito cal chupóptero. Grazas Mónica. Podedes consultalos se dades a mais información.

jueves, 23 de marzo de 2017

PROBAS DE AVALIACIÓN PARA O GRAO EN CAFD

O alumnado que desexe realizar estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte no 2017-2018, terá que presentarse a unhas probas de admisión que se desenvolverán nesa Facultade (Avda Ernesto Guevara, 121, Pazos-Liáns. 15179 Oleiros (A Coruña).



domingo, 19 de marzo de 2017

CERTIFICACIÓNS ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS POR LIBRE

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) abre do 20 de marzo ao 6 de abril o prazo de matrícula libre. Se tes 16 anos cumplidos podes aproveitar os teus coñecementos adquiridos no IES para presentarte a un exame no que podes conseguir a certificación oficial no nivel B1, necesario para os teus estudos posteriores.
Só poderás presentarte a unha única convocatoria anual, se estás interesado nesta opción consulta toda a información nos seguintes enlaces:
Animádevos agora que tedes fresco o idioma, e unha certificación oficial é moi importante para o voso futuro. Xa sabedes que si precisades calquera aclaración axúdovos encantada.

lunes, 13 de marzo de 2017

XXV XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL

Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer tanto os estudos artísticos e de FP que se imparten na cidade como os estudos universitarios que se ofertan na comunidade autónoma galega.

Do 18 ao 24 de abril poderás realizar unha visita guiada aos centros de FP de A Coruña.
Do 3 ao 7 de abril terás a túa disposición mesas informativas sobre estudos universitarios no CUR (Centro Universitario de Riazor).
O 18 de abril poderás acudir a unha Mesa de Estudos Superiores de Deseño e de Arte Dramático na EASD Pablo Picasso.

miércoles, 8 de marzo de 2017

PROGRAMA CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO 2017


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, convoca axudas para participar no programa “Campus Científicos de verano” podes consultar a convocatoria aqui ou  na seguinte dirección:

viernes, 3 de marzo de 2017

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.
Accede ao texto da convocatoria.


Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de 1º,2º,3º,4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

lunes, 20 de febrero de 2017

DELF SCOLAIRE: DIPLOMA DE ESTUDOS EN LINGUA FRANCESA

Que é?
Trátase da posibilidade de obter un diploma que te permitirá unha mobilidade internacional, xa que si o posúes certificas ou nivel B1 ou o B2 (co que poderás obter unha bolsa Erasmus).
Avaliarante de 4 destrezas lingüísticas (o de sempre): comprensión e expresión escritas e comprensión e expresión oral.

Requisitos:
Poderás presentarte se estás matriculado nun centro público de ensino secundario de Galicia, e estudes francés como 1ª  ou 2ª lingua estranxeira.

Lugar:
As probas realizaranse en 6 centros de Galicia.

martes, 17 de enero de 2017

BECAS EUROPA XIII EDICIÓN

 
Iniciativa única promovida polo Banco de Santander e a Universidade Francisco de Vitoria para potenciar o talento, premiar a excelencia e apoiar a creación de redes de liderazgo.

Os 50 alumnos de España que resulten seleccionados, disfrutarán dunha viaxe de tres semáns por algunhas das universidades europeas, na que vivirán encontros, conferencias, grupos de discusión e talleres prácticos de ferramentas para o liderazgo universitario e persoal. A dotación da beca cubre todos os gastos académicos do programa así como os de aloxamento, manutención e traslados.

martes, 10 de enero de 2017

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL


Si tes 17 anos para grao medio ou 19 para grao superior, ou os cumpres ao longo do 2017, si non cumpres os requisitos académicos exixidos para acceder a eles, e queres presentarte a un examen para acceder á FP de grao medio ou grao superior, consulta o seguinte enlace.