domingo, 18 de febreiro de 2018

PROGRAMA CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO 2018


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, convoca axudas para participar no programa “Campus Científicos de verano” podes consultar a convocatoria aqui ou na seguinte dirección:

Pretende fomentar o interés pola ciencia e a tecnoloxía entre o alumnado de 4º e 1º de bacharelato (da modalidade ciencias e tecnoloxía), e que teñan unha primeira experiencia de contacto coa labor investigadora, a través de proxectos dirixidos por profesores/as universitarios e de secundaria. Accede ao BOE. Accede á ficha de solicitude que terás que cubrir online.

Os Campus terán lugar do 1 ao 28 de xullo de 2018, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 13 universidades que colaboran na organización do Programa. 


Primeiro turnoEstudantes de 1º de Bacharelato. Do 1 ao 7 de xullo.
Segundo turnoEstudantes de 1º de Bacharelato . Do 8 ao 14 de xullo.
Terceiro turnoEstudantes de 4º de ESO. Do 15 ao 21 de xullo.
Carto turnoEstudantes de 4º de ESO. Do 22 ao 28 de xullo.

Destinatarios/as:
  1. Estar cursando, na modalidade de Ciencias, 4º ESO ou 1º Bacharelato
  2. Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000
  3. Non ter sido beneficiairo/a en edicións anteriores a esta convocatoria
  4. Ter un 8,5 de media no curso anterior.
  5. Estar situado/a nun orde de prelación, según a nota media, que permita a obtención da axuda.
Dotación:

A axuda cubre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos/as quenes contarán, asimesmo, cun seguro que cubra continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus. Non cubre os gastos do traslado desde o voso domicilio ata o Campus asignado. O/a beneficiario/a deberá desembolsar 80 euros en concepto de matriculación.

Prazos:

Do 16 de febreiro ao 9 de marzo.

Contacto Campus Científicos
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Horario de atención telefónica de 9:00 a 13:30h 

Ningún comentario: