luns, 20 de maio de 2019

ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO 2019/20

Prazo Do 14 de maio ao 7 de xuño.
Requisitos para o acceso a estes estudios
  • Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente, e superar unha proba específica de acceso, podes presentarte con pendentes e matricularte de forma provisional.
  • Poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren proba específica, os que estén en posesión dun título de cnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

Inscrición para as probas de acceso


Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.

Data proba

As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño desenvolveranse o día 3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña, segundo figura no anexo II desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016. 

A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo co artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016. 

  • Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
    • Proba de madureza: ata o venres 7 de xuño de 2019.
    • Proba específica: ata o venres 7 de xuño de 2019.
    • Acceso directo: ata o venres 7 de xuño de 2019.
  • Datas e horario das probas de acceso:

Estrutura da proba específica

Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
Segunda parte: durante un máximo de 4 horas, os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo (a man alzada).  

Matrícula

Adxudicación de prazas: 18 de xullo
O alumnado que obteña praza poderá formalizar a súa matrícula entre os días 19 e 24 de xullo, ambos os dous incluidos.

Oferta

Deseño de interiores, Deseño gráfico, de moda e de produto.




Ningún comentario: