viernes, 3 de marzo de 2017

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.
Accede ao texto da convocatoria.


Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de 1º,2º,3º,4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

PRAZO

Do 28 de febreiro ao 27 de marzo incluido.

REQUISITOS
  • Estar cursando 1º,2º,3º,4º de ESO, 1º ou 2º de bacharelato
  • Ter todo superado do curso pasado
  • Ter acadado no curso 2015-16 en Inglés un mínimo de seis.
  • Non ter concedida, no presente curso, outra axuda coa mesma finalidade
  • En posesión do DNI ou pasaporte para os maiores de 14 anos.
SOLICITUDES
Poderás facelo en papel ou en liña, a través dun formulario na aplicación dispoñible na seguinte web: http://www.edu.xunta.es/axudasle, logo deberás imprimir os documentos e debidamente asinados deberás presentalos nos lugares establecidos para elo.

Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle 
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
 Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538

No hay comentarios: