miércoles, 14 de junio de 2017

ACCESO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 2017

Se estás interesado/a en estudar ensinazas profesionais de artes plásticas e deseño, terás que realizar unha proba específica se contas coa titulación exixida, e se non contas coa titulación, terás que realizar ademais unha proba de madureza.












INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO PARA O CURSO 2017/2018

Inscrición

Lugar: Farase na secretaría das escolas de arte e deseño públicas elixidas en 1º lugar
Prazo: 9 de xuño ata o 20 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 21 de xullo para os ciclos de grao medio
Entregarase unha única solicitude xunto coa documentación que proceda e:
  • DNI ou NIE
  • Título de ESO ou bacharelato, ou certificación académica en que figure ter o depósito do título, libro de cualificacións da ESO ou bacharelato.
  • Certificado da proba de acceso ao ciclo se é o caso
  • Outros
Publicación de listaxes de aspirantes admitidos: 21 de xuño
Reclamación: 22 e 23 de xuño
Publicación de listaxes definitivas: 28 de xuño

Requisitos para acceder ás ensinanzas profesionais de grao medio

Estar en posesión do GESO ou equivalente e superar unha proba específica
As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia poderán presentarse á proba de acceso, deberán acreditar que están en posesión da titulación requerida no mes de setembro.

Requisitos para acceder ás ensinanzas profesionais de grao superior

Estar en posesión do título de bacharel e superar unha proba específica
As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia poderán presentarse á proba de acceso, deberán acreditar que están en posesión da titulación requerida no mes de setembro.

Proba de acceso a grao medio
  • Proba de madureza: 5 de setembro
  • Proba específica: 11 de setembro:
    1º exercicio: 10:00-11:00 horas
    2º exercicio: 12:00-14:00 horas
    3º exercicio: 17:00-19:00 horas
Proba de acceso a grao superior
  • Proba de madureza: 29 de xuño
  • Proba específica para todas as familias: 7 de xullo
    1º exercicio: 10:00-11:00 horas
    2º exercicio: 12:00-14:00 horas
    3º exercicio: 17:00-19:00 horas

Acceso directo

Os que estén en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionda co ciclo a que se pretende acceder.
Estará exento de realizar a proba específica quen esté en posesión do título de bacharelato de artes, o título superior de artes plásticas ou título superior de deseño nas súas diferentes especialidades, o título superior de conservación e restauración de bens culturais nas súas diferentes especialidade, Grao en belas artes, Arquitectura, Enxeñaría técnica en deseño industrial, ou quen acredite experiencia laboral de polo menos un ano relacionada.


No hay comentarios: